A negro e gris todo cambiou
cando o meu amigo se marchou
e sen bicos me deixou.
De negro e gris todo se pintou
cando o meu amigo me abandonou
e sen bicos me deixou.
Cando meu amigo marchou
a ledicia en soidade transformou
e sen bicos me deixou.
Cando meu amigo me abandonou
todo moi triste se quedou,
e sen bicos me deixou.
lunes, 21 de noviembre de 2016
lunes, 26 de septiembre de 2016
A sorte está no cinco
Somos trevos de catro follas que nos namoramos dun de tres e lle cedemos unha, para que eles sexan os especias.
E logo, de súpeto, eles comepezan a marxinarnos. A persoa pola que nós nos mutilamos non nós quere; abandonanos, vaise da nosa vida. É nós, quedamos sós, tristes, deprimidos. Pensando que xa ninguén nos vai querer, que somos como todo o mundo, que foi unha tonteria ceder tan pronto a aquelo que nos facía distintos aos demáis.
E nese intre, canto máis baixos estean os nosos pensamentos. Cando menos nos esteamos querendo, aparecerá un trevo de cinco follas. Ese polo que todo o mundo anda toliño, ese trevo tan especial que costa atopar.
Él mirarate e darase conta de que estás mutilado, que non eres como os outros, que simplemente te deixaches levar polo amor e quedaches así, roto, sen un anaco...
E este con moita paixón, máis da que ías a recibir daquel trébol polo que te mutilaches, darache unha das súas follas, e así, ambos os dous quedaredes catro a catro , dándovos sorte mutuamente.
martes, 19 de abril de 2016
Galiza, a miña fala
17/04/68
Querida Galiza:
Se das entendido isto que aquí teño escrito espero que signifique que o galego se segue mantendo en pé e que non se dobregou a presión castelá. Xa fai moito que te abandonei, pero non tiña outra opción, era marchar ou morrer. A idea de morrer dentro de ti non era tan mala, pero non podería soportar o pensamento de que tamén matei aos meus fillos e ao meu marido; son aínda moi novos e inocentes.
O que máis me chamou a atención dende que estou aquí sempre foi ver o interese que ten esta xente pola nosa cultura; queren saber as nosas costumes, tradicións, comidas, festas e incluso queren aprender a nosa lingua, si, queren estar dentro de ti aínda que se atopan a milleiros de quilómetros dos teus fermosos prados, das túas altas montañas, dos teus frondosos montes...
A verdade, e que empezo a ter morriña de ti; a ver cando gañamos suficiente diñeiro para volver a nosa aldea, onda as nosas vacas, as ovellas, o aire puro! Pero se hai algo que desexaría ter agora é o agarimo de todas as linguas falando galego, cantando en galego, orando en galego... Boto de menos o meu galego, a lingua que me viu nacer; a túa fala, a que me deixou en herdanza miña nai.
A fala que en ti habita sempre foi o meu mellor refuxio; cando me expreso en galego despois de ter que aturar a xente importante falando “castelán”, síntome como cando te mollas na máis xeada das choivas e te metes no teu fogar, ao carón da lareira.
Usar a túa lingua é como cando podes pousar o sacho ou a fouce despois de pasar todo o día, cun sol incidíndoche directamente na caluga dende a primeira hora, na leira sen un minuto para tomar un vaso de auga.
Miña Galiza, agardo que poidas entender isto e que te sigas mantendo forte. Cando poida, visitareite, prométocho.
Sempre túa.
27/11/86
Estrañada Galiza:
Por fin volvo estar en ti! Xa podo escoitar ao afiador, ulir ese aroma a filloas, que sempre inundou a miña rúa; e o máis importante, xa podo empezar a oír eses murmurios da xente cando te ven pasar. Si, xa volvín escoitar o galego en ti; que soa como o latexo do teu gran corazón.
Os meus fillos están encantados. Cando estábamos na emigración non podían ver tanta fermosura xunta, aínda que sempre a escoitaban. O seu pai sempre fora un gran narrador e describía cunha gran precisión o son da auga correndo, do vento zoando, da herba crecendo.
Sen dúbida algunha, a mellor de todas as historias que el narraba, era o seu ollar, que tiña gravado a cor do mar que o viu nacer. Eu nunca vira o mar, sempre fun unha rapaza de interior, supoño que por iso fiquei namorada del.E a súa fala! Aquilo si que me volvía toliña, esa maneira de rematar as verbas en –s, ese son semellante ao dunha iota pero máis suave...; cousas que nunca antes oíra e que tanto descoñecía.
Recordo cando de cativa pensaba que todos falábamos igual, todos coa mesma lingua, ata que o meu soño se rompeu ao descubrir que non era así; que de feito, a lingua que me aleitou era a máis desprezada de todas, que as grandes autoridades a puxeron a sombra do castelán e do “castelán” dos teus galegos.
Pero como non ía estar a sombra! Se o castelán é igual en todos os sitios, ata no outro lado do charco o coñecían. Pero dentro da mesma Galicia, o galego está fragmentado. Cada un fálao distinto na súa casa; e mesmo dentro de cada casa, cada membro da familia.
A variedade de falas que ti tes é enorme, unha por persoa que fala a súa lingua nai, a lingua que ti lle aprendiches e que con tanto agarimo lle transmitiches.
Agora, toca despedirme, pois as campás empezan a soar e a xente a chegar para despedir ao meu marido.
Ata que o meu corpo se funda dentro da túa terra.
sábado, 29 de noviembre de 2014
Simplemente Galicia
Cando alzo a vista
ao ceo, observo que todo é branco agás
por unha pequena raia diagonal, de
esquerda a dereita. Nese trociño observo un anaco de azul. Si, o meu ceo, é a miña bandeira.
Cada vez que a
vexo nun mastro ou colgada nos cordeis que poñen cando hai festas, sinto
orgullo e protección. Pois penso nos nobres celtas, loitando por esta nación. Arriscando as súas vidas para lograr, nun futuro, unha maior protección.
Da miña lingua,
soamente saen verbas en galego. E non é de estrañar! Dado que sempre en galego
oirás falar os meus pais. En galego fun educada e os meus primoxénitos galego
falaran. Xa que lingua mais fermosa, que
no mundo existirá!
Nos meus ollos
pódese observar, un lugar sen igual. Todo verde e colorido e polo medio algún
que outro río. Tamén se ven mares e
montañas, dado que en Galicia, a variedade que non falle.
O meu corazón,
tampouco é normal, pois ten unha forma moi particular. Ten forma de Galicia, é
o sangue que o rodea son como as praias ou como as nosas rías. E polo meu
cerebro non pasan amores nin nada, soamente poemas, dunha pobre namorada.
Isto vai
rematando, pois todo o bo de Galicia xa está citado, non aquí ,non. Está nos
corazóns de aqueles e aquelas que se consideran galegos e galegas, é tamén nos
escritos de Rosalía, Pondal , Curros e demais escritores orgullosos da súa
Galicia.
Grazas a todos
eles por sacar a Galicia e ao galego para adiante. E para compensalos, un bo
polbo do Carballiño e un churrasco que dure todo o día. Que en Galicia outra cousa
poida que non, pero en comida somos o mellor!
Pero non todo é
bo, pois tamén temos as nosas rivalidades por mor do fútbol, e que si hai
partido entre o Celta e o Deportivo... Non
queda ninguén vivo! Ata os mellores amigos se enfadan, se perde o seu equipo.
Agora si, agora xa
me despido de verdade, que tanto falar de Galicia das cousas boas como
malas, póñenme moi sentimental. Entón
para acabar con un bo final, soamente direi:
“Galicia calidade, e contas co
apoio de toda a mocidade”
Suscribirse a:
Entradas (Atom)