martes, 19 de diciembre de 2017

Das vivencias co trasgo

Hoxe si. Hoxe sería o día no que respondería a aquela pregunta que lle levan feito dende hai catro semanas. Estaba preparado, diso Miguélez non tiña ningunha dúbida.
Saíu sorrindo da casa, a pesar de que estaba chovendo. Cando chegou a parada, non perdera o sorriso de orella a orella (a pesar de que o salpicara un coches e tiña os pés e o baixo do pantalón, con máis auga da que é capaz de levar o Amazonas.)

Durante o traxecto en autobús, estaba moi falador. Contou tres veces a historia de como o mollaran!

  -Xa vos digo, foi unha sorte que só me mollara os pés e pouco máis. Porque aquilo semellaba un tsunami dos que acontecen en Indonesia.

  -Que dis, ho? Es un esaxerado! Como moito, levantou auga para mollar ao meu gato, e iso que é unha cría- respondeulle Santiago, un dos compañeiros de clase.

 - Ti estabas alí?

 -Non.

 -Pois logo, cala!

Todos escacharon coa risa. Logo, comezaron a contar algunha anécdota que lles ocorreu a tarde anterior. Todos, agás Miguélez. Este, comezou a pórse tan branco que semellaba o seu tío cando o enterraran!

Ao chegar a clase, sentouse. Para el era como estar na cadeira eléctrica, esperando pola súa execución. De súpeto, entrou a policía que ía por fin a súa vida:

 -Daniel, hoxe trouxeches a anécdota?

Sen a penas acabar de entrar, xa tirara da panca que o deixou frito.

O seu silencio, confirmoulle a mestra o que xa sospeitaba. Aquel rapaz, era parvo! Ela, nunca compartira ese pensamento con ninguén pero pensalo... Vaia se o pensaba! Non era capaz de entender como unha persoa non fose capaz de recordar o que lle pasara o día anterior. Ou tal vez si..? Un recordo percorreulle a mente, pero aquelo... Era imposible!

Cando caeu a noite, o noso protagonista non era quen de durmir. Mañá ía contar algunha anécdota e sería incrible, compensaría tantas semanas de silencios incómodos. Ninguén volvería a pensar que en vez de cerebro, tiña un estanque cun peixe que pensaba por el.

De súpeto, uns pasos na súa almofada conxeláronlle o sangue. Ao xirarse, albiscou a un trasno. Identificouno polas súas orellas alargadas, igual que a punta do seus zapatos. Fixouse que levaba na man un tarro que tiña escrito “Vivencias” e en pequeno, levaba o seu nome.

Cando o trasno se decatou de que fora descuberto, marchou de alí tan rápido como chegou, e nunca máis volvería pisar aquel cuarto.

Desde a aparición do trasno, Miguélez aínda se desvelou máis. Non podía parar de pensar no que acababa de ver. E chegou a seguinte conclusión:

 -Se naquel tarro tiña escrito “Vivencias”, iso significaba que o trasno recollía todo o que a el lle ocorría e gardabao alí. Iso é o que explica o motivo de que non fose capaz de lembrar nada!

Na seguinte clase, contou o que lle ocorrera a noite anterior. Explicou o mellor que puido o motivo polo que, ata aquel día, era incapaz de recordar nada. Ninguén fora quen de crelo. Seguro que era unha escusa, e das máis inverosímiles, para xustificarse.


A cara da mestra, cambiou cando Miguélez rematou a súa historia. Polos seus ollos, pasou un destello fugaz, case imperceptible. Grazas ao que acabara de escoitar, lembrouse porque sempre facía a mesma pregunta : ”Tes algunha anécdota?" Porque ela sabía o que era non telas. Ela sabía o que era espertar de súpeto, e ver na almofada un trasno cun tarro, no cal, está escrito “Vivencias” e o teu nome en pequeno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario