sábado, 2 de diciembre de 2017

Escritura automática

Como di o título, vou escribir de maneira automática. Non me vou preocupar polo que escribo nin pola forma do texto. Todo o que quero, e expulsar a morea de cousas que me pasan pola cabeza. De forma desordenada e sen sentido.
Iso si, cando remate de escribir todo o que teño que dicir, revisarei o texto para evitar as faltas de ortografía. E, unha vez que dixen isto, vamos deixar que as ideas ocupen a miña mente e saian apresuradamente sen me dar tempo, case, a escribilas todas:


Dóeme, teño moita dor dentro da miña cabeza, pero non son capaz de quitala de min, só sei que non a aturo, penso en ti e todo se pon negro. Dígome que non che quero falar máis, que son capaz de vivir sen ti, sen pensar un segundo na túa mirada, no teu sorriso, que podo vivir sen as túas verbas, pero non.. Non é así, todo iso é unha mentira que me digo a min mesma para que me sexa máis doado soportar  a túa ausencia.
Pero non é máis doado vivir sen ti, todo se complica. Os primeiros días e fácil, teño conversacións que recordar e acontecementos dos que me laiar, como cando te puiden bicar e non o fixen, Que noxo! Eu quería bicarte, oxalá volver atrás no tempo, e non recordar ter os teus beizos a centímetros dos meus, senón telos pegados aos meus.
Bo!, polo que ía, os primeiros días son doados, pero logo, todo se fai costa arriba, vexo imaxes, fotos, de todo un pouco e a paranoia empeza a crearse dentro de min. Penso en que atopaches a outra persoa e que non son necesaria na túa vida. Que te estás esquecendo de min e que che resulta, dolorosamente, doado. Mentres eu me queimo como o carbón para facer churrasco. Ti, es esa árbore que se alza a pesar de todo e pode seguir adiante.
Si, ti segues crecendo, dando lugar a pequenas cousas que te fan feliz e que crean a felicidade noutras persoas.
Pero eu non, soamente son algo que o mundo esquecerá e que algunha persoa botará na cara de alguén e as súas nais lle rifaran por se manchar de min.
Non, isto non pode seguir así. Eu estou rota ao pensar en ti, pero ti es o único que me pode por o parche para este meu corazón tan desgastado. Que no seguinte latexo de amor, se vai desfacer por completo para, un día, non poder volver a amar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario