sábado, 29 de noviembre de 2014

Simplemente Galicia

Cando alzo a vista ao ceo,  observo que todo é branco agás por unha pequena raia diagonal, de  esquerda a dereita. Nese trociño observo un anaco de  azul. Si, o meu ceo, é a miña bandeira.

Cada vez que a vexo nun mastro ou colgada nos cordeis que poñen cando hai festas, sinto orgullo e protección. Pois penso nos nobres celtas, loitando por esta nación. Arriscando as súas vidas para lograr, nun futuro, unha maior protección.

Da miña lingua, soamente saen verbas en galego. E non é de estrañar! Dado que sempre en galego oirás falar os meus pais. En galego fun educada e os meus primoxénitos galego falaran. Xa que lingua mais fermosa, que no mundo existirá!

Nos meus ollos pódese observar, un lugar sen igual. Todo verde e colorido e polo medio algún que outro río. Tamén  se ven mares e montañas, dado que en Galicia, a variedade que non falle.

O meu corazón, tampouco é normal, pois ten unha forma moi particular. Ten forma de Galicia, é o sangue que o rodea son como as praias ou como as nosas rías. E polo meu cerebro non pasan amores nin nada, soamente poemas, dunha pobre namorada.

Isto vai rematando, pois todo o bo de Galicia xa está citado, non aquí ,non. Está nos corazóns de aqueles e aquelas que se consideran galegos e galegas, é tamén nos escritos de Rosalía, Pondal , Curros e demais escritores orgullosos da súa Galicia.

Grazas a todos eles por sacar a Galicia e ao galego para adiante. E para compensalos, un bo polbo do Carballiño e un churrasco que dure todo o día. Que en Galicia outra cousa poida que non, pero en comida somos o mellor!

Pero non todo é bo, pois tamén temos as nosas rivalidades por mor do fútbol, e que si hai partido entre o Celta e o Deportivo...  Non queda ninguén vivo! Ata os mellores amigos se enfadan, se perde o seu equipo.

Agora si, agora xa me despido de verdade, que tanto falar de Galicia das cousas boas como malas,  póñenme moi sentimental. Entón para acabar con un bo final, soamente direi:

Galicia calidade, e contas co apoio de toda a mocidade”