lunes, 21 de noviembre de 2016

Pequena Cantiga de Amigo

A negro e gris todo cambiou
cando o meu amigo se marchou
e sen bicos me deixou.

De negro e gris todo se pintou
cando o meu amigo me abandonou
e sen bicos me deixou.

Cando meu amigo marchou
a ledicia en soidade transformou
e sen bicos me deixou.

Cando meu amigo me abandonou
todo moi triste se quedou,
e sen bicos me deixou.

lunes, 26 de septiembre de 2016

A sorte está no cinco

Somos trevos de catro follas que nos namoramos dun de tres e lle cedemos unha, para que eles sexan os especias.
E logo, de súpeto, eles comepezan a marxinarnos. A persoa pola que nós nos mutilamos non nós quere; abandonanos, vaise da nosa vida. É nós, quedamos sós, tristes, deprimidos. Pensando que xa ninguén nos vai querer, que somos como todo o mundo, que foi unha tonteria ceder tan pronto a aquelo que nos facía distintos aos demáis.
E nese intre, canto máis baixos estean os nosos pensamentos. Cando menos nos esteamos querendo, aparecerá un trevo de cinco follas. Ese polo que todo o mundo anda toliño, ese trevo tan especial que costa atopar. 
Él mirarate e darase conta de que estás mutilado, que non eres como os outros, que simplemente te deixaches levar polo amor e quedaches así, roto, sen un anaco...
 E este con moita paixón, máis da que ías a  recibir daquel trébol polo que te mutilaches, darache unha das súas follas, e así, ambos os dous quedaredes catro a catro , dándovos sorte mutuamente.

martes, 19 de abril de 2016

Galiza, a miña fala

17/04/68

 Querida Galiza:

 Se das entendido isto que aquí teño escrito espero que signifique que o galego se segue mantendo en pé e que non se dobregou a presión castelá. Xa fai moito que te abandonei, pero non tiña outra opción, era marchar ou morrer.  A idea de morrer dentro de ti non era tan mala, pero non podería soportar o pensamento de que tamén matei aos meus fillos e ao meu marido; son aínda moi novos e inocentes.

 O que máis me chamou a atención dende que estou aquí sempre foi ver o interese que ten esta xente pola nosa cultura; queren saber as nosas costumes, tradicións, comidas, festas e incluso queren aprender a nosa lingua, si, queren estar dentro de ti aínda que se atopan a milleiros de quilómetros dos teus fermosos prados, das túas altas montañas, dos teus frondosos montes...

 A verdade, e que empezo a ter morriña de ti; a ver cando gañamos suficiente diñeiro para volver a nosa aldea, onda as nosas vacas, as ovellas, o aire puro! Pero se hai algo que desexaría ter agora é o agarimo de todas as linguas falando galego, cantando en galego, orando en galego... Boto de menos o meu galego, a lingua que me viu nacer; a túa fala, a que me deixou en herdanza miña nai.

 A fala que en ti habita sempre foi o meu mellor refuxio; cando me expreso en galego despois de ter que aturar a xente importante falando “castelán”, síntome como cando te mollas na máis xeada das choivas e te metes no teu fogar, ao carón da lareira.
 Usar a túa lingua é como cando podes pousar o sacho ou a fouce despois de pasar todo o día, cun sol incidíndoche directamente na caluga dende a primeira hora, na leira sen un minuto para tomar un vaso de auga. 
Miña Galiza, agardo que poidas entender isto e que te sigas mantendo forte. Cando poida, visitareite, prométocho.
 Sempre túa.




 27/11/86 
Estrañada Galiza:

 Por fin volvo estar en ti! Xa podo escoitar ao afiador, ulir ese aroma a filloas, que sempre inundou a miña rúa; e o máis importante, xa podo empezar a oír eses murmurios da xente cando te ven pasar. Si, xa volvín escoitar o galego en ti; que soa como o latexo do teu gran corazón.

 Os meus fillos están encantados. Cando estábamos na emigración non podían ver tanta fermosura xunta, aínda que sempre a escoitaban. O seu pai sempre fora un gran narrador e describía cunha gran precisión o son da auga correndo, do vento zoando, da herba crecendo.

 Sen dúbida algunha, a mellor de todas as historias que el narraba, era o seu ollar, que tiña gravado a cor do mar que o viu nacer. Eu nunca vira o mar, sempre fun unha rapaza de interior, supoño que por iso fiquei namorada del.E a súa fala! Aquilo si que me volvía toliña, esa maneira de rematar as verbas en –s, ese son semellante ao dunha iota pero máis suave...; cousas que nunca antes oíra e que tanto descoñecía.

 Recordo cando de cativa pensaba que todos falábamos igual, todos coa mesma lingua, ata que o meu soño se rompeu ao descubrir que non era así; que de feito, a lingua que me aleitou era a máis desprezada de todas, que as grandes autoridades a puxeron a sombra do castelán e do “castelán” dos teus galegos.

 Pero como non ía estar a sombra! Se o castelán é igual en todos os sitios, ata no outro lado do charco o coñecían. Pero dentro da mesma Galicia, o galego está fragmentado. Cada un fálao distinto na súa casa; e mesmo dentro de cada casa, cada membro da familia.

 A variedade de falas que ti tes é enorme, unha por persoa que fala a súa lingua nai, a lingua que ti lle aprendiches e que con tanto agarimo lle transmitiches. 
Agora, toca despedirme, pois as campás empezan a soar e a xente a chegar para despedir ao meu marido.

 Ata que o meu corpo se funda dentro da túa terra.