jueves, 6 de abril de 2017

Obras da vida

Obras da vida
Carlos Casares Mouriño, o autor que estivo 60 anos baixo o sol do verán  e que non necesitou máis tempo para crear un país de palabras dentro das cabezas de cada lector ou de cada ouvinte das súas verbas.

El, ensinou a escoitar as voces que arrastra o vento ferido; as voces dos mortos daquel verán que foron asasinados por un polbo xigante” que ningún pescador puido capturar xamais, e vive para sempre na conciencia de Galicia.

Con tan só 34 anos, o noso homenaxeado obtivo un Premio Galaxia coa súa obra Xoguete para un tempo prohibidoe tres anos despois, converteuse no membro de número máis novo da Real Academia Galega.

Non se pode negar a súa ilustrísima  traxectoria como narrador, ensaísta, articulista de prensa, editor e dinamizador cultural. Co cal se converteu nunha das figuras máis senlleiras e renovadoras da nosa literatura do século vinte.

Ademais, Carlos Casares, sabía como facer que aos rapaces lle entusiasme a lectura. Metíase nas súas mentes e observaba o mundo coa mesma sinxeleza que os nenos o observan.

Vía que no froiteiro da súa casa tiña as laranxas máis laranxas de todas as laranxas”, que tiña unhas vacas moi grandes porque superaban o espazo de separación dos seus brazos estendidos. Un día, de tanto desexar que as cousas cambiasen de cor, logrou ver a galiña azul”.


Por desgraza, a súa vida rematou no 2002, e con Deus sentado nun  sillón azul continua escribindo, como adoitaba facer, en galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario